
OAI, siglas en inglés de Open Archives Initiative , naceu co obxectivo de facilitar o acceso e a recuperación do material académico editado electronicamente, ePrints, pero na actualidade tamén ten como propósito facilitar unha consulta o máis ampla posible dos recursos dixitais, en xeral, e dos materiais bibliográficos relacionados coa cultura, a ciencia e o ensino dixital. Trátase dunha normativa amplamente estendida que se apoia nun protocolo de mensaxes de intercambio moi sinxelas e na codificación dos rexistros segundo o esquema de metadatos Dublín Core, ISO 15836, que permiten describir ese tipo de información bibliográfica dunha forma sinxela e moi flexible.
O enderezo do repositorio OAI de Hispana é http://hispana.mcu.es/i18n/oai/oai.cmd